hilo navegacion-->NO

Condicións xerais

A Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy), xestionada por Naturgy Iberia, S.A. (antes Gas Natural Servicios SDG, S.A.), ten a finalidade de ofrecer vantaxes e beneficios os clientes domésticos. A participación e desenvolvemento réxese polas condicións que a continuación expoñemos:

Imaxe de recurso

Participación

  1. O titular de Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)-Santander Consumer Finance MasterCard dispoñerá dunha conta na que se anotarán os Euros Naturgy obtidos.
  2. Por cada compra que o titular realice coa Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy) obterá Euros Naturgy. Non se concederán Euros Naturgy por disposiciónsnin por fraccións de compras inferiores a 10 €.
  3. Os Euros Naturgy xerados coas tarxetas adicionais acumularanse na conta do titular.
  4. Os Euros Naturgy xerados nun mes faranse efectivos na conta do titular nos últimos días do mes.
  5. Os Euros Naturgy teñen unha caducidade de 5 anos. Igualmente caducarán se no período dos últimos 12 meses non houbo ningún movemento, disposición ou pagamento de recibos na súa conta.

 

Troco de Euros Naturgy

  1. O titular poderá cambiar os seus Euros Naturgy na factura da luz e/ou do gas de Naturgy Iberia, S.A., en calquera produto da Tenda online ou doalos a proxectos humanitarios. Os clientes con Plan de Pagamentos Fixos só se poderán descontar nas 11 mensualidades de cota fixa.
  2. Para cambiar en factura ou doar un proxecto humanitario o titular pode facelo en www.naturgy.es/tarjeta ou no teléfono 900 100 251; para cambiar en tenda debe facelo www.latiendagasnaturalfenosa.es
  3. Para poder cambiar os Euros Naturgy, é imprescindible estar ao corrente no pagamento dos recibos da tarxeta.
  4. O importe mínimo para cambiar os Euros Naturgy na factura da luz e/ou do gas é de 3 Euros Naturgy.
  5. Os Euros Naturgy cambiados na factura da luz e/ou do gas, faranse efectivos na seguinte factura que se emita tras a solicitude do troco por parte do cliente.
  6. Só se pode aplicar un desconto sobre unha mesma factura.
  7. O beneficiario do desconto na factura da luz e/ou do gas pode ser calquera persoa física que sexa titular dun contrato de subministración con Naturgy Iberia, S.A (antes Gas Natural Servizos, SDG, S.A).
  8. Os Euros Naturgy nunca poderán ser cambiados por diñeiro e non son transferibles nin acumulables dun titular a outro.
  9. O troco dos Euros Naturgy na Tenda online queda condicionado á dispoñibilidade dos produtos, que poderán ser substituídos por outros de similares características.

 

Información

  1. O titular recibirá periodicamente un extracto onde se reflectirán as operacións realizadas coa súa tarxeta, a situación dos seus Euros Naturgy e información doutros produtos e servizos.
  2. O socio pode consultar calquera dúbida que se teña en www.naturgy.es/tarxeta.

Xeral

  1. A extinción do contrato da tarxeta subscrito por titular con Santander Consumer Finance, S.A. anula automaticamente os beneficios do “Programa de Fidelización Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)” e os Euros Naturgy dispoñibles.
  2. Naturgy Iberia, S.A resérvase o dereito de variar en calquera momento as condicións do “Programa de Fidelización Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)”, ou de cancelala, pero sempre respectando o previsto no punto seguinte.
  3. Tanto no suposto de variación das condicións, coma no de cancelación do “Programa de Fidelización Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)”, o titular conservará o seu dereito a cambiar os Euros Naturgy que tivera acumulados nun prazo de 6 meses.

 

Tamén che pode interesar