hilo navegacion-->NO

Preguntas e respostas

Euros Naturgy

Como podo solicitar a miña Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)?
Completando este formulario que atoparás no apartado solicita a túa tarxeta. Se o prefires, tamén podes facelo chamando ao 91 275 34 58.

Como podo acumular Euros Naturgy?
Por cada compra que pagues coa Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy) acumularás Euros Naturgy. Non se concederán Euros Naturgy por disposicións nin por fraccións de compras inferiores a 10 €.

Tamén podes acumular Euros Naturgy por cada amigo que nos presentes e solicitando Tarxetas adicionais para os teus familiares, xa que os Euros Naturgy que estes acumulen polas súas compras, acumularanse no teu saldo de Euros Naturgy.

En que podo utilizar os meus Euros Naturgy?
Podes utilizalos para obter descontos na factura de enerxía, doalos a un proxecto solidario, ou ben para comprar calquera produto da nosa Tenda Online

Para utilizalos na factura de enerxía, é necesario ter a subministración contratada con Naturgy Iberia, S.A. e ter un mínimo de 3 Euros Naturgy acumulados.

Como podo saber cantos Euros Naturgy teño?
Se utilizas a Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy), recibirás mensualmente un extracto cos Euros Naturgy que tes dispoñibles. Tamén podes consultar o teu saldo na web ou chamar ao 900 100 251.

Como podo cambiar os meus Euros Naturgy?
Podes cambiar os teus Euros Naturgy chamando ao teléfono de Atención ao cliente 900 100 251 de Naturgy ou ben cambialos online.

Cando se aplican os Euros Naturgy na factura de enerxía?
Unha vez solicitado o troco, os Euros Naturgy descontaranse da seguinte factura de enerxía que se emita.

Poden cambiar 2 titulares sobre unha mesma factura?
Só se pode aplicar un desconto sobre unha mesma factura.

Quen pode realizar o troco?
O titular da tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy) ou ben un beneficiario desta. En caso de que sexa o beneficiario o que realice o troco, este debe indicar o DNI do titular.

Como cambio os Euros Naturgy na Tenda Online?
Cambiar os Euros Naturgy na Tenda Online é moi sinxelo. En primeiro lugar tes que identificarte como usuario rexistrado. Se non estás rexistrado podes facelo en Darse de alta na Tenda Online. Unha vez rexistrado tes que identificarte como titular da Tarxeta Naturgy para que poidas cambiar os teus Euros Naturgy. Elixe os produtos que queres comprar e engádeos ao carriño, o sistema restará automaticamente os teus Euros Naturgy do total do pedido.

Caducan os Euros Naturgy?
Os Euros Naturgy teñen unha caducidade de 5 anos. Igualmente caducarán automaticamente se no período dos últimos 12 meses non houbo ningún movemento, disposición ou pagamento de recibos na túa conta.

 

Trámites coa miña tarxeta

Podo aumentar o límite de crédito a miña Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)?
Si, o límite que se asigna inicialmente a unha nova tarxeta é de 750€, pero podes aumentalo cando queiras chamando ao 91 275 34 58.

Podo cambiar a forma de pagamento?
Si, sempre que o desexes, poderás axustar o pagamento coa tarxeta ás túas necesidades: a un mes ou a prazos, elixindo a forma na que desexas pagar en cada momento. Podes facelo chamando ao 91 275 34 58.

Que teño que facer para cambiar os meus datos persoais e/ou bancarios?
Podes facelo por teléfono no 91 275 34 58, por fax no 91 484 51 84 / 902 02 14 90, por email a scunionfenosa@santanderconsumer.com ou por correo postal ao enderezo: Santander Consumer, Medios de Pagamento, Dpto. Tarxeta Gas Natural Fenosa, Apd. Nº 615 F.D. 28080 Madrid.

Como podo dar de baixa a miña Tarxeta Gas Natural Fenosa?
Podes solicitar a baixa por teléfono no 91 275 34 58, por fax no 91 484 51 84 / 902 02 14 90, por email a scunionfenosa@santanderconsumer.com ou por correo postal a: Santander Consumer, Medios de Pagamento, Dpto. Tarxeta Gas Natural Fenosa, Apd. Nº 615 F.D. 28080 Madrid.

Se solicitas a baixa por escrito, debes achegar fotocopia do DNI, número completo da tarxeta, a data de caducidade e asinar o escrito.

Que son as tarxetas adicionais?
Son tarxetas autorizadas a utilizar a mesma conta do titular principal. As persoas as que autorices terán a súa propia Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy). Calquera operación que realicen irá con cargo á túa conta e os Euros Gas Natural Fenosa que acumulen polas súas compras, acumularanse no teu saldo de Euros Gas Natural Fenosa. Todas as tarxetas adicionais, igual que a tarxeta principal, son gratuítas de por vida.

Que debo facer para solicitar unha tarxeta adicional para un familiar?
Deberás indicar que autorizas a emisión dunha tarxeta adicional cos seguintes datos:

Datos do titular: Nome, Apelidos, DNI, número de tarxeta e sinatura.
Datos do beneficiario: Nome, Apelidos, DNI, data de nacemento, sinatura e fotocopia do seu DNI.

E enviárnolo por correo postal a: Santander Consumer, Medios de Pagamento, Dpto. Tarxeta Gas Natural Fenosa, Apd. Nº 615 F.D. 28080 Madrid.

Vin unha promoción por solicitar a Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy), se lle fago ao meu fillo unha tarxeta adicional tamén me corresponde esa promoción?
As promocións ligadas a un novo titular son exclusivas para os titulares da tarxeta principal. Polo tanto, se o que estás a solicitar é unha tarxeta adicional, non poderás beneficiarte desta promoción.

Podo sacar diñeiro dun caixeiro coa miña Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy)?
Si, podes solicitar a túa clave secreta no 91 275 34 58. Enviarancha por correo para garantir total confidencialidade. No momento de sacar diñeiro dun caixeiro automático debes lembrar que, ao ser unha tarxeta de crédito, o cobramento non se cargará na túa conta corrente ao instante senón a final de mes. Polo tanto, o trámite ten un custo de financiamento dun 5% para a forma de pagamento fin de mes. Existe un mínimo de 3 € con independencia da forma de pagamento.

En que caixeiros podo utilizar a miña Tarxeta Gas Natural Fenosa (proximamente Tarxeta Naturgy) se marcho ao estranxeiro?
Se dispós dunha clave para sacar diñeiro dos caixeiros, tes á túa disposición todos os caixeiros co distintivo MasterCard en calquera país do mundo.

Que sucede se en calquera momento perdo ou me rouban a miña tarxeta?
Non te preocupes. Poderás cancelar inmediatamente a túa tarxeta chamando ao teléfono de Santander Consumer Finance 900 200 128, que está operativo as 24 h do día 365 días ao ano, e solicitar que che envíen unha nova tarxeta. Se estás no estranxeiro, MasterCard ofréceche este mesmo servizo en teléfonos gratuítos que atoparás en www.mastercard.com segundo o país onde esteas.

Que diferenza hai entre unha tarxeta de débito e de crédito?
A diferenza estriba na súa utilización. Ao utilizar unha tarxeta de débito prodúcese un cargo instantáneo na conta do cliente polo importe exacto da operación, mentres que nas de crédito o cargo se realiza posteriormente e o importe axustarase a unhas condicións previamente pactadas.